CREADO POR ABRAHAM VIDAL latinfumador@hotmail.com
Posted by Heriberto D on 1/14/2009, 1:37 pm, in reply to "Re: El lio de empezar a fumar."
83.34.105.47
Saudos Rocco:
Sinto que a miña curmá Trini non che poda contestar. Está a facer as prácticas do seu ciclo no Museo Impresionista de Portozás e tivo que marchar de súpeto a Vladivostok por unha exposición itinerante que o museo vai levar aló ;-)
¿Como adiviñaches que a miña curmá era galega? ¿Viches algo na sua linguaxe ou é que usaches algún habeleidoso truco informático?
Sobor os "bomitadores". Se cadra somentes reflicten como é boa parte da sociedade e o niveliño que ten moito persoal. Nos guste ou non, boa parte da xente non ten un gran dominio da linguaxe e moitos deles ten poucas cousas que dicir a parte de pouco artelladas manifestacións de carraxe e fastío (o fastío semella ser un sentimento potente na nosa sociedade consumista), e ainda por riba semella que os máis burricáns atoparon na Internet un bó lugar onde desfogar as suas frustracións.É curioso que non haia ainda un termo para chamar a esta xente ¿Como se lles podería chamar? Eu chamariaslle "ciberhooligans".
Así que mellor que asumamos a sua presenza con naturalidade e como un pequeno precio da liberdade, ainda que, dende logo, compre acoller favorablemente as mensaxes de quen escriba no foro cousas un pouquiño máis elaboradas.
Un saudo.